A nova delegada territorial da Xunta en Vigo visita Baiona

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, continuou hoxe en Baiona coa rolda de contactos iniciada cos alcaldes dos municipios da área territorial, tras tomar posesión como nova representante do Goberno autonómico na cidade.

No encontro, Fernández-Tapias tivo a oportunidade de analizar co alcalde desta localidade pontevedresa, Carlos Gómez Prado, os temas relacionados coa Administración galega e que son prioritarios para o concello en materia de educación, saneamento ou sanidade, entre outros. Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.