
A Área Sanitaria de Vigo rexistra 29 casos positivos por Covid-19 en 2 escolas infantís e 21 centros educativos. Segundo os datos actualizados facilitados este mércores pola Consellería de Sanidade, no que se refire ao Val Miñor, continúan a ser un total de catro. Elimínase da listaxe o CEIP Fontes-Baíña e inclúese un positivo no CEIP Carlos Casares de Nigrán, no que segundo informa o Sergas, permanece pechada unha aula.
Continúan aparecendo os positivos da Escola Infantil de Nigrán, na que hai unha aula pechada, e do CPR Estudio de Chandebrito, unha mestra que está en corentena desde agosto e que deu positivo antes do comezo do curso, polo que non se incorporou aínda ao centro, que segundo informou o seu estado de saúde e bo e reincorporarase unha vez superada a enfermidade.
No que respecta a Baiona, contabilízase un positivo por coronavirus no CEIP Plurilingüe de Belesar. Segundo a información do Sergas, finalmente pechouse unha aula neste centro.
O total en Galicia de casos vinculados a escolas infantís e centros educativos son 179, con 50 aulas pechadas e ningún centro pechado.
ÁREA VIGO | TOTAL POSITIVOS | AULAS PECHADAS | CENTROS PECHADOS | |
ESCOLAS INFANTÍS | ||||
NIGRÁN | E.I. Nigrán | 1 | 1 | 0 |
VIGO | E.I. Lacaba | 1 | 1 | 0 |
CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO | ||||
BAIONA | CEIP Plurilingüe de Belesar | 1 | 1 | 0 |
MOS | CEIP Plurilingüe Pena de Francia | 1 | 1 | 0 |
NIGRÁN | CEIP Carlos Casares | 1 | 1 | 0 |
NIGRAN | CPR Estudio | 1 | 0 | 0 |
PONTEAREAS | CIFP A Granxa | 1 | 0 | 0 |
PORRIÑO | CEEPR Aceesca | 3 | 2 | 0 |
REDONDELA | CEIP Outeiro das Penas | 1 | 2 | 0 |
TOMIÑO | CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán | 1 | 1 | 0 |
TOMIÑO | CEIP de Sobrada | 1 | 1 | 0 |
VIGO | CPR Plurilingüe Escuelas Nieto | 1 | 0 | 0 |
VIGO | IES de Beade | 1 | 0 | 0 |
VIGO | CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro | 2 | 2 | 0 |
VIGO | CPR Plurilingüe El Pilar | 1 | 1 | 0 |
VIGO | CPR Plurilingüe Losada | 1 | 1 | 0 |
VIGO | CEIP Plurilingüe A Doblada | 1 | 0 | 0 |
VIGO | CPR Plurilingüe Las Acacias-Montecastelo | 1 | 0 | 0 |
VIGO | CPR Plurilingüe Miralba | 1 | 0 | 0 |
VIGO | CPR Plurilingüe Mariano | 1 | 1 | 0 |
VIGO | CPR María Auxiliadora | 4 | 1 | 0 |
VIGO | CEIP Plurilingüe Lope de Vega | 1 | 1 | 0 |
VIGO | EEI Vila Laura | 1 | 1 | 0 |
TOTAL | 29 | 19 | 0 |