
Unha muller faleceu este domingo despois de bater co seu coche contra un muro en Nigrán. Para liberar o corpo da única ocupante do vehículo foi necesaria a intervención dos equipos de salvamento e excarceración.
Foi un particular quen, ás 00:30 horas de hoxe, alertou do que pasaba a través da súa chamada ao 112 Galicia. Isto permitiu activar un operativo que integraban os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como os membros do GES de Val Miñor, que, finalmente, fixeron fronte á excarceración do corpo da moza.
Ademais, comprobaron o estado do vehículo e descartaron que ardese como apuntaban algunhas das persoas que chamaron ao 112 Galicia para avisar. Iso si, precisaron o lugar no que se produciu o accidente, isto é, na estrada PO-552, concretamente, na parroquia de Priegue.
O operativo completárono os axentes da Garda Civil de Tráfico co fin de coñecer as circunstancias do accidente.