O PP de Gondomar considera xusto que se retirasen os contenciosos da APLU

O Partido Popular de Gondomar valora positivamente a decisión da Xunta de Galicia de retirar os contenciosos que interpuxera a APLU contra as licenzas concedidas polo goberno municipal na pasada lexislatura.

Nunha xuntanza mantida o ano pasado en Santiago co director da APLU, a voceira do PP gondomareño xa lle manifestou a súa preocupación pola situación que estaban pasando as familias que tiñan concedidas as licenzas para facer as súas casas e que estaban paralizadas polos contenciosos que mantiña a APLU. De feito os xulgados xa ordenaran a paralización de todas as obras e requirido a documentación ao Concello de Gondomar.

Neste xuntanza trasladóuselle ademais a necesidade de atopar unha saída aos demais expedientes abertos sobre obras feitas en solo rústico e que están pendentes de que poidan ser legalizables coa aprobación dos núcleos urbanos por parte do Concello de Gondomar, moitos dos cales están paralizados por parte deste dende hai tempo.

“Todos estes problemas estarían resoltos si Gondomar contara co Plan Xeral de Ordenación Municipal, que dende o ano 2015 que foi levado a pleno polo goberno daquela do Partido Popular non avanzou nada”, manifesta Paula Bouzós, voceira do Partido Popular de Gondomar

Dende o Partido Popular de Gondomar consideran de máxima prioridade que Gondomar conte cun PXOM aprobado canto antes para resolver os problemas que xorden por non contar con un planeamento urbanístico en vigor.