Unha unidade móbil de doazón de sangue visita Baiona e Gondomar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // A unidade móbil de doazón de sangue en Baiona.

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará nos próximos días os municipios de Baiona e Gondomar. Estará en Baiona, situada na rúa Jesús Valverde, na entrada ao Parador, o xoves 17 e o venres 18 de setembro en horario de 16:00 a 21:00 horas. En Gondomar, estará na dentro da estación de autobuses, o venres 18 de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 horas, e o sábado 19 de 10:00 a 15:00 horas. Lembramos que desde o luns 23 de marzo, todas as persoas que desexen doar sangue deberán chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828, xa que comezouse a doar sangue mediante o sistema de cita previa para facilitar o acceso dos doantes e respectar escrupulosamente as medidas establecidas no Real Decreto 462/2020 do 14 de marzo polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.