Baiona sanciona aos “pouco cívicos”

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Avisos da normativa de limpeza e recollida de lixo.

O Concello de Baiona anunciou a apertura de expedientes sancionadores polo depósito de lixo na rúa.

Tirar o lixo fóra do horario establecido, depositar as bolsas na rúa, abandonar residuos en puntos non autorizados ou amontoar restos vexetais a carón dos contedores son algunhas das condutas que están a ser obxecto dos devanditos expedientes. Os infractores detectados son tanto empresas coma particulares.

Dende o goberno municipal, a concelleira de Medio Ambiente, Rosa Domínguez, destaca que “sigan a ordenanza municipal: a correcta xestión dos residuos é de obrigado cumprimento, e insisten en que a falta de civismo dalgúns non pode prevalecer sobre todos os que si respectan as normas de convivencia”.

Estes comportamentos veñen sucedendo dende fai anos, pero a crise do Covid agravou a situación, xa que moitos veciños néganse a abrir os contedores e arroxan as bolsas ao chan, incluso sen baixar dos seus vehículos.

O Alcalde, Carlos Gómez, instou a todas as veciñas e aos veciños de Baiona a dar exemplo e atallar o grave problema que supón o incumprimento das nosas obrigas como cidadáns: “trátase de concienciar, non de multar”.