Crean un grupo de apoio gratuíto para familias con algún membro con autismo

O próximo 25 de setembro terá lugar o primeiro encontro gratuíto para familias TEA da man do Gabinete Psicopedagóxico Arcoiris e a Asociación Peques Azules.

Se levará a cabo en dous horarios; un pola mañá e outro pola tarde, para asegurar que todos os interesados poidan participar. Tamén estará dispoñible a modalidade online para aqueles que non poidan asistir de maneira presencial e para respectar o aforo permitido. Adicionalmente, abren grupo a todos aqueles cuxa residencia sexa fóra de Vigo ou mesmo de Galicia.

Este encontro será unha primeira toma de contacto para todas as familias TEA que queiran participar ao longo do curso, para comezar a coñecer e para expoñer todas esas dúbidas ou medos que poidan ter, sendo o inicio dunha serie de actividades para fomentar o achegamento da comunidade TEA.

Os interesados en participar de forma presencial poden reservar a praza a través dos seguintes contactos: teléfono 604 009 946, correo electrónico gab.arcoiris@gmail.com, Avda. Hispanidade 88, baixo. Vigo.