Arden varios contedores de lixo en Peitieiros

O GES do Val Miñor sufocou na madrugada deste luns un incendio nun grupo de contedores de lixo situados na Rúa Peroleira, na parroquia gondomareña de Peitieiros, xusto enfronte do CEP Xosé Neira Vilas. O suceso produciuse sobre a unha da madrugada, e segundo anunciou o alcalde, Paco Ferreira, os danos roldan os 5.000 euros. O rexedor informou que resultaron calcinados un total de cinco contedores, destacando que a rápida intervención do GES salvou dous. “Do que vai de ano xa levamos once contedores queimados, presumiblemente de maneira intencionada. Os danos exceden os 11.000 euros”, lamenta Ferreira.