Paula López do club Portameán de Baiona, subcampioa de España de bolo celta

FOTO: FEDERACIÓN GALEGA DE BOLOS // Subcampioa individual.

Durante a fin de semana xogáronse no campo de A Cachada de Boiro (A Coruña), os Campionatos de España de bolo celta feminino nas súas modalidades individual e por parellas. Os resultados finais foron:

INDIVIDUAL

Campioa: JULIA LÓPEZ de bolos Xove (Lugo).
Subcampioa: PAULA LÓPEZ de bolos Portameán (Baiona).
Terceira clasificada: LARA RODRÍGUEZ de bolos Xove (Lugo).
Cuarta clasificada: BLANCA LAGO de bolos Estivada (Baiona).

POR PARELLAS:

Campioas: LARA RODRÍGUEZ-PATRICIA GARCÍA (bolos Xove-bolos Portameán).
Subcampioas: PAULA LÓPEZ-LAURA REDONDO (bolos Portameán-bolos Boiro).
Terceiras clasificadas: BLANCA LAGO-ROCÍO MENÉNDEZ (bolos Estivada-bolos Tineo).
Cuartas clasificadas: ROSALBA FORMOSO-JULIA LÓPEZ (bolos Xove).

Asistiron á entrega de diplomas, medallas e trofeos o alcalde e concelleiro de Deportes do Concello de Boiro.