Listas abertas para participar na Rondalla do Centro Cultural de Chaín

A Rondalla do Centro Cultural “A Merced” de Chaín abre as listas para participar na agrupación, que vén de traballar intensamente durante estes últimos 5 anos, onde, baixo a enérxica dirección de Daniel González Troncoso, que lle imprimiu un estilo moi propio e identificativo.

Agora queren continuar o traballo realizado ata agora. Sendo conscientes de que é un ano excepcional, onde as nosas vidas cambiaron para adaptarse á situación provocada polo coronavirus, e a xente necesita ter unhas garantías sanitarias para animarse a participar. Nas súas actividades culturais farán todo o posible para adaptarse ás circunstancias.

Así, nos ensaios da Rondalla farán obrigatorias as normas que aconsellan dende os estamentos oficiais, como o uso da máscara, limpeza de mans, o uso intransferible dos instrumentos, así como facer os ensaios en espazos amplos que lles van permitir respectar as distancias interpersoais. Nas actuacións tamén van cumprir todas estas normas, sendo posible porque na súa maior parte soen ser con pasarrúas e concertos en espazos abertos e amplos.

Ademais queren facer extensiva a invitación a participar a todas os veciños das parroquias da contorna, porque, aínda que sexan a Rondalla do Centro Cultural “A Merced” de Chaín, queren que sexa a Rondalla de todos e cada un dos que participan e desfrutan.

As listas estarán abertas na cafetería do propio centro ou no teléfono 640 606 643, contacto onde tamén se responderá a calquera dubida que exista en relación con esta actividade.