Cine e os concertos de “The hurt finguers” e Rubén de Lis no Baiverán de Baiona

Hoxe martes continúan as actividades culturais programadas polo Concello de Baiona e o seu departamento de Cultura dentro do Baiverán 2020.

O cine abrirá esta semana no Parque da Palma. Hoxe, ás 23:00 horas, proxectarase en pantalla xigante o filme “Spiderman: lejos de casa”.

O mércores, tamén no Parque da Palma ás 23:00 horas da noite, terá lugar o concerto de “The hurt finguers”, unha banda orixinaria de Viana do Castelo que fará desfrutar aos amantes do blues e do rock dos anos sesenta e setenta. Interpretarán versións que van dende Bob Dylan a Eric Clapton, The Rolling Stones, The Doors, Neil Young ou Creedence.

O xoves volve a música en directo ao Parque da Palma co concerto ás 23:00 horas do guitarrista e compositor Rubén de Lis, que conta cunha ampla traxectoria internacional.

O venres, na Praza Victoria Cadaval de Sabarís, ás 23:00 horas, proxectarase o filme “Corgi, las mascotas de la reina”.

Todos os espectáculos estarán supervisados por un técnico de prevención que certificará que o espectáculo sexa seguro tanto para os profesionais que actuarán no Baiverán como para o público en xeral.