Cancelada a XIV Baixada de Carros de Bólas de Camos

A Asociación Eixotolo comunicou que queda cancelada a XIV Baixada de Carros de Bólas de Camos, prevista para o próximo 15 de agosto. Segundo informan a través das redes sociais o motivo é o protocolo que esixe a Xunta de Galicia polo Covid-19. “Resúltanos imposible levalo a cabo nese evento. Sentímolo moito pero primeiro é a seguridade de todos. Grazas por confiar en nós e esperámosvos o ano que vén. Esperamos volver con máis forza”. A tradicional baixada de carros de bólas na parroquia de Camos foi recuperada fai cinco anos polo Centro Cultural A Camoesa, o Concello de Nigrán e Eixotolo tras máis dunha década sen celebrarse.