Sin categoría

Nigrán abre o prazo de inscrición para o roteiro polo Camiño Portugués pola Costa

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán “Equilibrio Natural”, ten aberto o prazo de inscrición no mail turismo@nigran.org para participar no roteiro guiado deste xoves polo Camiño de Santiago pola Costa ao seu paso polo municipio con saída ás 10:00 horas desde a ponte de A Ramallosa. As prazas están limitadas por indicacións sanitarias e se cubrirán por rigorosa orde de solicitude.