Anuncios
Ticker de novas

O CPA Gondomar revalida o título de campión galego coa súa “Alma Torera”

FOTO: CPA GONDOMAR

O Club Patinaxe Artística Gondomar proclamouse este sábado campión galego na categoría de grupos pequenos co seu programa “Alma Torera”, no XVI Campionato Galego de Grupos Show Grandes e Pequenos celebrado por terceiro ano consecutivo na pista central do Pavillón das Travesas, en Vigo.

O club mostrábase optimista e moi contento co desenvolvemento do traballo e non defraudou, plasmando como nos teñen afeitos un programa de exquisita calidade técnica e artística forxado durante moitas horas de traballo ao longo da tempada baixo a dirección de David Figueroa. As gondomareñas revalidan así o título conseguido o pasado ano, que lles permitirá participar no Campionato de España que se celebrará en Lleida no mes de marzo.

Organizado nesta ocasión polo club local C.A.R.P.A. – Viqueira, contou coa participación de oito grupos na categoría dos grandes e dez na de pequenos. Durante a mañá leváronse a cabo os adestramentos, para xa pola tarde comezar a competición.

Esta é habitualmente a primeira proba da tempada na modalidade de Patinaxe Artística, o que supón o arranque das competicións oficiais nun mes de febreiro no que non haberá descanso, pois todos os fins de semana contarán con actividade xa que lle seguirán a I Fase de Categoría Rexional, a I Fase de Niveis, en ambos os dous casos na especialidade de Patinaxe Libre, e o Campionato Galego de Grupos Show Xuvenís e de Cuartetos.

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.