Nigrán pecha o luns o prazo de pre-reserva para asistir ao espectáculo “Pioneras” de Patricia Kraus

O Concello de Nigrán pecha este luns 27 de xullo o prazo para facer a pre-reserva para asistir o 31 de xullo ao espectáculo “Pioneras” (CPI Arquitecto Palacios de Panxón, 22:00 horas) no que Patricia Kraus homenaxea ás grandes voces femininas que marcaron a música do S.XX. O custe é de 9 € e os interesados deberán cubrir una ficha dispoñible na web municipal http://www.nigran.org e enviala a cultura@nigran.org. Unha vez que se reciba esta pre-reserva se lles enviará por email unha carta de pago para o abono da entrada, que deberán efectuar no día seguinte. Toda a información estará colgada na web do Concello e calquera dúbida se resolverá a través do mail cultura@nigran.org.

Patricia Kraus rende con “Pioneras” unha homenaxe ás grandes voces femininas que marcaron a música del S.XX como Bessi Smith, Billie Holiday, Sara Vaughan, Ella Fitzgerald, Aretha Franklin, Nina Simone, Janis Joplin, Mercedes Sosa e Mina.

Patricia Kraus é unha cantante, compositora e produtora española, filla do tenor Alfredo Kraus. Nace en Milán, pero a súa su familia se instala en España desde a súa infancia. Comeza estudios musicais aos nove anos, para máis tarde ampliar a súa formación vocal xunto á soprano Lina Huarte e o seu pai. A pesares da súa formación clásica, decántase pola música moderna e xa durante as décadas dos 80 e 90 publica varios traballos como autora e cantante, dentro do mundo do pop. Agora, tras a súa triloxía de blues, soul, jazz e máis, Patricia Kraus presenta “Pioneras”. O espectáculo conta con Alejandra Saenz na dirección de escea e Beatriz Ortega na produción. A cantante estará acompañada no escenario por Gherardo Catanzaro (piano), Yrvis Méndez (baixo), Pedro Porro (batería), Manuel Machado (trompeta) e Iñaki Arakistain (saxo).