Nigrán abre o prazo de inscrición para o roteiro litoral e o do Camiño Portugués pola Costa

O Concello de Nigrán ten aberto o prazo de inscrición no mail turismo@nigran.org para participar no seus roteiros guiados desta semana dentro da súa programación #NigránEquilibrioNatural. O primeiro terá lugar este xoves día 23 polo litoral de Nigrán, con saída ás 10:00 horas da mañá desde a oficina Alameda de San Campio (A Ramallosa). O segundo será o tramo do Camiño de Santiago pola Costa en Nigrán e terá lugar o sábado 25 con saída ás 10:00 horas desde a ponte de A Ramallosa. En ambos casos as prazas están limitadas por indicacións sanitarias e se cubrirán por rigorosa orde de solicitude.