Sin categoría

Nigrán abre o prazo de inscrición para os roteiros polo Río Muíños e Os Matos-Río Táboas

O Concello de Nigrán ten aberto o prazo de inscrición no mail turismo@nigran.org para participar no seus roteiros guiados desta semana dentro da súa programación #NigránEquilibrioNatural. O primeiro terá lugar este xoves día 16 polo Río Muíños, con saída ás 10:00 horas da mañá desde a oficina de Turismo de Gaifar (Panxón). O segundo terá lugar o sábado 18 tamén con saída ás 10:00 horas desde o Cemiterio de Camos e discorrerá polo sendeiro dos Matos, ao carón do río Táboas (zona do futuro parque forestal entre Camos e Chandebrito). En ambos casos as prazas están limitadas por indicacións sanitarias e se cubrirán por rigoroso orde de solicitude.