O patinador gondomareño Joel Ribeiro competirá este mércores na Copa de Europa

Joel Ribeiro, do Club Patinaxe Artístico Gondomar, competirá este mércores na Copa de Europa de Patinaxe artística que arrancará este martes na localidade española de Fuengirola. O mozo gondomareño participará na categoría Alevín, modalidade libre, na que o pasado 20 de outubro proclamouse subcampión de España. A patinaxe española contará cun total de 70 patinadores nas modalidades Libre desde alevín a xuvenil, Só Danza, parellas de artístico e parellas de danza. O evento, organizado polo CP O Tejar, celebrarase no Pavillón Juan Gómez “Juanito” con capacidade para 800 persoas.