O Rei Midas presenta o espectáculo “De principio a fin” este sábado no Esteiro do Miñor

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial do verán, acolle este sábado ás 21:00 horas no Esteiro do Miñor (escenario do Nigranjazz) a estrea do último espectáculo do Mago Rei Midas “De principio a fin”. O prestidixitador realizará un show baseado nos mesmos números das videochamadas que fixo aos nenos que estiveron de aniversario durante o confinamento e aos que o Concello agasallou deste xeito. Tras máis de “150 aniversarios de balcón” organizados polo Concello durante o estado de alarma, moitos nenos quedaron coas ganas de ver o show en directo, tanto os que o desfrutaron mediante videochamada como os que non. Así, co obxectivo de chegar a todos eles, ao longo do verán o Rei Midas ofrecerá este espectáculo noutros puntos do municipio.