Parada traslada as Misas da Romaría da Virxe da Saúde aos sábados de xullo a setembro

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Virxe da Saúde de Parada.

As especiais circunstancias deste ano, marcado polo andazo do Covid-19, obrigan a tomar medidas especiais que afectan ao xeito tradicional de celebrar a Romaría da Virxe da Saúde de Parada.

Para evitar as aglomeracións que poderían favorecer contaxios, suprímense todas as Misas do día da festa. O día 2 de agosto, o Santuario de Parada estará aberto para a oración privada desde as 8:00 da mañá ata as 21:00 horas, coas limitacións legais de aforo.

Para facilitar aos devotos que queiran celebrar a Eucaristía, desde o 4 de xullo celebrarase os sábados ás 21:00 horas a Eucaristía da Señora da Saúde, conforme ao seguinte calendario:

img1-001