O domingo, gran triangular en As Gaiandas

Chega o II Trofeo Val Miñor, e nesta quenda os equipos invitados son os veciños do Racing Vilariño e o Balaídos dun vello coñecido, Jesús, quen fora axudante de Julio Buylla no Gondomar. Tres partidos que comezarán ás 18:00, 19:00 e 20:00 horas.

Abrirase co derbi miñorano entre os nigraneses do Racing Vilariño e os locais como anfitrións. Posteriormente o Gondomar seguirá xogando e farao ante o Balaídos. Na quenda final, o equipo olívico seguirá no campo para enfrontarse ao Racing Vilariño.

O Gondomar agarda unha nutrida presenza de siareiros e siareiras nas bancadas, e recorda que están a disposición dos socios os carnets para retirar, ou a posibilidade de facerse novos. Tamén estará dispoñible dende este domingo, a lotaría e as participacións do club.

Anuncios