Baiona reabre as instalacións do Pavillón de Deportes o próximo luns

O Concello de Baiona informa que o Pavillón Municipal de Deportes abrirá de novo as súas portas o próximo luns día 15 de xuño. O horario das instalacións será de luns a xoves de 8:30 a 13:30 e de 18:30 a 22:30 horas, e os venres de 8:30 a 13:30 horas, ata o 30 de setembro. Haberá que solicitar cita previa para realizar exercicio na sala de máquinas, gozar das actividades dirixidas ou alugar a pista de pádel a través do teléfono 986 356 558 ou do WhatsApp 667 983 555. A duración máxima da estancia nas instalacións será de 90 minutos ou dúas clases como máximo, só podendo elixir unha quenda, de mañá ou de tarde. De maneira provisional, o acceso será gratuíto.

Establécese un protocolo de acceso ás instalacións, que será controlado polo persoal de recepción. Os usuarios deberán acceder con máscara decidindo o seu uso ou non á hora de facer práctica deportiva, e levar a toalla e esterilla de casa. Tamén terán que acudir con roupa axeitada, xa que non se poderá facer uso dos vestiarios nin das taquillas. O acceso ao Pavillón realizarase pola porta principal situada no piso de arriba e a saída polo portón de pista para así evitar cruces de xente. As persoas con algún tipo de discapacidade que necesiten utilizar outro acceso e/ou o ascensor poderán telo á súa disposición sempre respectando as medidas de seguridade. As máquinas de vending permanecerán sen servizo, polo que haberá que facer uso de material propio para hidratarse.

Os usuarios terán que cubrir e asinar un modelo de declaración responsable de non ter síntomas compatibles con Covid-19 ou estar en contacto con algún enfermo. Na entrada tomaráselles a temperatura (máxima 37,2 c) e deberán hixienizar as mans. Ademais achegaráselles un pulverizador para a limpeza e desinfección de cada espazo e material utilizado para a súa maior tranquilidade e uso se así o require. Estableceranse diferentes zonas para a práctica deportiva, debidamente sinalizadas, que respectan a distancia de seguridade e evitan o cruzamento de persoas. Desde a Concellería de Deportes instan a respectar as normas e cumprir coa responsabilidade individual para evitar riscos.

Haberá un monitor para clases colectivas na pista do Pavillón, un monitor para clases de spining (aula aeróbic) en monitor permanente en sala Gym para o control de espazos de usuarios. O aforo limítase a 4 metros cadrados por usuario, clases grupais cun máximo de 20 usuarios e 15 usuarios por módulos na sala de fitness.

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
9:00 a 9:45 Pilates Ioga Pilates Ioga Fitness
LIMPEZA/EMPRESA
10:00  a 10:45 Body Pump Circuit.t Body Pump Circuit.t Spinning
LIMPEZA/EMPRESA
11.00 a 11.30 -11:45 Gap* Bodymove Gap* Bodymove Core*
19:00 a 19:45 Pilates Ioga Pilates Ioga
LIMPEZA/EMPRESA
20:00 A 20:30 Gap* Body Pump* Gap* Body Pump*
LIMPEZA/EMPRESA
20:45 a 21:15 Core* Crossfit* Core* Crossfit*
LIMPEZA/EMPRESA
21:30 a 22:15 Bodymove Spinning Bodymove Spinning
Anuncios