Falece Óscar Carreño, ex alcalde e Xuíz de Paz de Baiona

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Óscar Carreño, á esquerda, xunto Ángel Rodal e Paula Guntín en 2018, momento da súa xubilación.

Este mércores faleceu Óscar Carreño Tato aos 85 anos de idade, alcalde accidental de Baiona en 1973, cargo no que permaneceu dous meses, e Xuíz de Paz da Real Vila ata o ano 2018, momento no que se xubilou tras case 26 anos no posto e cedeu a testemuña a Paula Guntín Carneiro, a primeira muller en ocupar este cargo. O 2 de agosto de 2008 recibiu a Medalla de Ouro de Baiona. Os seus restos mortais permanecen na Sala 2 do Tanatorio do Miñor, en Sabarís. O funeral celebrarase este xoves día 4 ás 18:00 horas na Igrexa de Santa Cristina da Ramallosa, seguido do enterro no cemiterio parroquial. A asistencia ao velorio, cortexos e actos farase segundo as normas sanitarias vixentes para a Fase 2.