Repartición de máscaras reutilizables no Centro Cultural de Baredo

Este domingo, día 31 de maio, repartiranse máscaras no Centro Cultural de Baredo, para todos os veciños, confeccionadas por voluntarios. A Comunidade de Montes de Baredo colaborou cunha achega económica para a adquisición das teas. A repartición desenvolverase en horario de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas, ou ata que se esgoten as máscaras, que foron previamente desinfectadas. Rógase manter todas as medidas de distanciamento social establecidas e evitar aglomeracións. Antes de utilizalas é obrigatorio lavalas a máis de 60 graos e xabón por seguridade.

Anuncios