Sin categoría

Belesar Urgal e Estivada de Baiona, campións de España de bolos celta por equipos

Este fin de semana celebráronse en Camos-Nigrán os Campionatos de España de bolo celta por equipos de primeira e segunda división. Participaron un total de 16 equipos e máis de 70 xogadores das comunidades de Asturias, Madrid e Galicia. O sábado dende as 10 da mañá xogáronse as fases de clasificación e o domingo as dúas finais. As clasificacións finais foron:

CAMPIONATO DE PRIMEIRA CATEGORÍA:

Campión de España:
BOLOS BELESAR URGAL de Baiona.
Subcampión:
BOLOS SAN CIBRÁN de Gondomar.
Terceiro clasificado:
BOLOS XUNQUEIRA de Gondomar.
Cuarto clasificado:
BOLOS LA PANERA de Cangas del Narcea (Asturias).

CAMPIONATO DE SEGUNDA CATEGORÍA:

Campión de España:
BOLOS ESTIVADA de Baiona.
Subcampión:
BOLOS DO CEÁN de Nigrán.
Terceiro clasificado:
BOLOS A REGA de Baiona.
Cuarto clasificado:
BOLOS CAMOS de Nigrán.

Dende a Federación Galega queren felicitar a todos os participantes pola deportividade e compañeirismo exercidos durante toda a competición. A próxima cita, tamén en Camos, será o próximo fin de semana coa disputa dos Campionatos de España individual e de parellas de categoría xuvenil.