Reiníciase o servizo de cita previa para a obtención ou renovación do DNIe ou Pasaporte

A partir deste mércores, día 27 de maio, a Policía Nacional reinicia de forma gradual e progresiva o servizo de cita previa para a obtención ou renovación do DNIe ou Pasaporte a través da páxina oficial www.citapreviadnie.es, para todos aqueles territorios que se atopen na Fase II do Plan de transición cara á nova normalidade.

A medida que o resto de territorios vaian entrando na devandita Fase, iranse incorporando paulatinamente ao sistema de cita previa para a obtención ou renovación dos seus documentos de identidade.

Lémbrase que todos os cidadáns deben acudir á súa cita puntualmente, provistos de máscara, co importe exacto en metálico da taxa (12 € DNIe e 30 € Pasaporte) e de forma individual, salvo para expedicións a menores ou persoas que necesiten acompañamento.

Anuncios