Reapertura do punto limpo de Gondomar

Punto limpo de Vincios.

O Concello de Gondomar informa que mañá mércores 13 de maio o punto limpo volverá a abrir as súas portas aplicando as normas impostas polas autoridades sanitarias. Será imprescindible a cita previa a través do teléfono 900 107 382. Non se atenderá a ninguén que se achegue sen tela.

O aforo limitarase a dúas persoas, deberán manterse as normas de distanciamento social dos dous metros e seguir as indicacións do persoal do punto limpo. Recoméndase o uso de luvas e máscara. As instalacións estarán abertas de luns a xoves de 16:00 a 19:00 horas e os venres e sábados de 9:00 a 13:00 horas.

2020-05-12 - 97145952_2540633712865842_654736947884851200_o