Sin categoría

Baiona mantén as franxas horarias

O Concello de Baiona informa que o municipio continúa mantendo as franxas horarias. A pesares de que dende o día 8 de maio a Delegación do Goberno autorizou á Xunta a aplicar a liberdade horaria nos núcleos con menos de 5.000 habitantes, o alcalde, Carlos Gómez, considera que a nova medida non foi publicada nin anunciada de maneira oficial. “A liberdade horaria xa estaba autorizada para as entidades locais menores, debido a que Baiona non entra dentro desta característica e a nova medida non foi publicada nin anunciada de maneira oficial, dende o Concello infórmase que Baiona continúa mantendo as franxas horarias”.

O rexedor quere pedir prudencia á hora de saír ás rúas e recorda que as franxas horarias e as medidas seguen sendo as seguintes:

Os maiores de 14 anos poderán circular polas vías e espazos de usos públicos para:

• Práctica non profesional de deporte individual sen contacto con terceiros, unha vez ao día e dentro do municipio de residencia.

• Paseos acompañados dunha persoa convivinte ou persoa coidadora de persoa con necesidade de acompañamento. Distancia máxima 1 km.

Lugares: Calquera vía pública ou espazo público que non necesite de uso de vehículo para desprazarse. NON PODERÁN acceder a instalacións deportivas pechadas para a práctica. Nin facer uso de vehículo motorizado nin transporte público para desprazarse co fin de realizar a actividade física.

TRAMOS HORARIOS:

• de 6:00-10:00 e de 20:00-23:00: deporte individual e paseos.
• de 10:00-12:00 e de 19:00-20:00: maiores de 70 anos (poderán ir acompañadas dun convivinte entre 14 e 70 anos) e tamén persoas con necesidade de acompañamento.
• de 12:00-19:00: menores de 14 (coas condicións xa coñecidas).

Terán que cumprir cos requisitos para evitar contaxio:

1. Manter distancia interpersoal de 2 m.
2. Evitar aglomeracións.
3. Evitar paradas nas actividades físicas, en espazos públicos.

NON PODEN SAÍR: se presentan síntomas compatibles co Covid-19 ou estean en illamento.