Protección Civil Val Miñor dá por finalizada a campaña de “aniversarios de balcón”

Protección Civil Val Miñor dá por finalizada a campaña de “aniversarios de balcón” con 45 felicitacións en Gondomar, 26 en Baiona e o domingo 3 de maio en Nigrán con 103, o que suma un total de 174 felicitacións. “Esperamos cumprir a misión de animar, sacar un sorriso aos pequenos e anciáns e conseguir que a fase crítica de confinamento fose un pouquiño máis levadía”, sinalan desde a Agrupación de Voluntarios.

“Agora comezamos a fase de desescalada, co permiso dos nenos, paseo e deporte para adultos, e tras 45 días de servizo continuado mañá e tarde e a carga emocional, física e psicolóxica que conleva isto, cremos que é o momento axeitado. Moitas grazas porque non só demos nós as emocións… senón que tamén as recibimos”, conclúen.