A Vig-Bay tampouco se celebrará o próximo 7 de xuño

A organización do Medio Maratón Gran Bahía Vig-Bay informa a través dun comunicado oficial que tal e como adiantaron o pasado 11 de marzo e ante a situación na que desgraciadamente nos seguimos atopando, que por razóns obvias non se poderá celebrar o evento o próximo 7 de xuño. Así mesmo indican que non se atreven a marcar unha nova data para o mes de setembro, sen ver a evolución desta situación tan complexa e difícil pola que estamos a pasar todos e sen ir vendo os avances nas medidas que o Goberno de España vaia comunicando.

“É por iso que seguimos esperanzados en poder celebralo neste 2020 pero tentaremos dar data unha vez regularícennos a todos a nosa situación”, sinalan. Tamén piden desculpas polo atraso na contestación de mails, chamadas… “Dado que a nosa organización non é un servizo esencial, as nosas oficinas permaneceron pechadas, sendo nosa intención volver estar en activo a partir da semana que vén”.

“Non queremos despedirnos sen trasladar todo o noso agarimo e apoio a todos e cada un de vós, xa que non son momentos fáciles para ningún e en especial para todas aquelas familias que desgraciadamente perderon a un ser querido. Moita saúde e coidarvos moito”, conclúe o comunicado.

Anuncios