Sin categoría

Interceptan en Nigrán a un baionés cos seus dous fillos duplicando a taxa máxima de alcoholemia

A Garda Civil de Pontevedra interceptou na tarde do día de onte a un condutor cando se dirixía a Nigrán cos seus dous fillos duplicando a taxa máxima de alcoholemia.

Unha patrulla do Destacamento de Tráfico de Porriño, que se atopaba realizando un control para a vixilancia das medidas de limitación da liberdade de circulación de persoas establecidas para a xestión da crise sanitaria do Covid-19, establecido no termo municipal de Nigrán, detivo a un vehículo e ao identificar o condutor, perciben un certo cheiro a alcol polo que proceden a realizar as probas de alcoholemia arroxando este resultado positivo cunha taxa de 0,51 mg/l. Neste sentido, a normativa de seguridade viaria establece como taxa máxima permitida 0,25 mg/l.

Trátase dun veciño da localidade de Baiona, de 37 anos, e ao indagar sobre o motivo do desprazamento, o implicado explica aos axentes que se dirixía á localidade de Nigrán a deixar aos seus fillos coa súa ex muller tras estar con eles durante a fin de semana como determinaba o réxime de visitas.

Ante a imposibilidade de continuar viaxe nas circunstancias indicadas, os menores foron entregados á súa nai quen se fixo cargo deles. O vehículo foi inmobilizado no lugar dos feitos e o condutor retornado ao seu domicilio.