Teatro a distancia desde Gondomar en tempos do coronavirus

Dúas actrices afeccionadas do Grupo de Teatro A Moura de Chaín, do Centro Cultural “A Merced” de Chaín, fixeron unha parodia sobre os tempos que estamos vivindo, uns tempos onde case todo son noticias dramáticas. Carmen Grandal, empregada do Sergas, e Nieves Paz, xubilada, queren dar unha nota de humor para levantar a moral de todos os que están sufrindo polas circunstancias actuais. “Como diariamente saen iniciativas de todo tipo, e a cultura vai ser unha das grandes castigadas nesta pandemia, cremos que se nos axudan a difundir o noso traballo, animará a que manteñamos a ilusión polo que facemos, aínda que sexa a distancia e fóra dos escenarios”, comenta Fátima, animadora cultural do centro gondomareño.

🎥 VIDEO: Teatro a distancia desde Gondomar en tempos do coronavirus.

Publicado por Valmiñortv.com – O diario dixital de Baiona, Gondomar e Nigrán en Domingo, 19 de abril de 2020