A Deputación achega a Nigrán 190.000 € para obras de saneamento e abastecemento

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar por resolución presidencial a concesión de dúas achegas por preto de 190.000 euros ao Concello de Nigrán, ao abeiro da Liña 1 de investimentos do Plan Concellos 2020 que financia a institución provincial.

Máis polo miúdo, as actuacións inclúen a ampliación da infraestrutura municipal de saneamento e abastecemento na zona de Carrasca, cunha subvención da institución provincial de 138.344,47 euros. A outra achega da Deputación ascende a 51.084,66 euros e está destinada tamén a traballos de saneamento, neste caso na rúa Carousa.

Hai que destacar que o Concello de Nigrán ten á súa disposición este ano un investimento de case un millón de euros (998.648,23€), correspondente ás tres liñas do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

En total, este ano ao abeiro das tres liñas deste plan, a Deputación destina aos 59 municipios da provincia de menos de 50.000 habitantes (todos agás Vigo e Pontevedra) un orzamento de 42,2 millóns de euros, en base aos criterios de poboación, dispersión e extensión territorial. A Liña 1 de Investimentos está dotada con 29,7 millóns de euros

Anuncios