“Cando isto acabe non seremos os mesmos, seremos mellores”

Esta é a mensaxe que envían os profesionais sanitarios do servizo de Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro, que recoñecen que a situación xerada polo COVID-19 está a unirlles cada vez máis e aseguran que “as cousas cambian demasiado rápido e non sabemos o que nos queda, pero o que si é seguro, é que falta un día menos”. Na fotografía unha representación dunha das quendas de traballo no hospital.

Equipos COVID-19

Os pacientes están sendo atendidos polos equipos específicos constituídos a tal fin, os catro Equipos COVID:

Un equipo COVID de Urxencias, formado por un facultativo, un profesional de enfermaría e un TCAE, que se encargan de atender aos pacientes con criterio clínico e epidemiolóxico sospeitosos nos circuítos dese servizo.

O segundo Equipo é de hospitalización, liderado por un internista especializado en infecciosas ou un neumólogo, que se encargan de realizar o ingreso destes pacientes, atendelos nos seus cuartos e facer o seu seguimento.

O Equipo de Seguimento Compartido de Atención especialidade (ESCAH), é un equipo de Hospitalización a Domicilio. Composto por 1 facultativo e 1 enfermeira, responsabilízase do seguimento clínico dos casos positivos en illamento domiciliario, e de coordinar, se fose necesario, os ingresos no hospital.

En canto á realización de Test PCR, continúan operativos 7 equipos de extracción de mostras domiciliarias ademais do dispositivo fixo no Hospital Meixoeiro, o COVID-Auto.

Anuncios