A Área Sanitaria de Vigo ficha a 65 residentes de medicina e enfermaría do último ano de formación

A xerencia da Área Sanitaria de Vigo ven de contratar a un total de 65 residentes no seu último ano de formación de 29 especialidades médicas e 4 de enfermaría.

Isto foi posible tralas dúas Ordes da Consellería de Sanidade publicadas no Diario Oficial de Galicia polas que se encomenda aos profesionais sanitarios de último ano de formación de todas as especialidades, o exercicio das funcións de facultativo/a adxunto/a especialista, médico/a de atención primaria, pediatra de atención primaria ou enfermeiro/a especialista durante a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Así, a Xerencia da Área sanitaria leva contratados a un total de 65 residentes no seu último ano de formación: 11 de Medicina Familiar e Comunitaria; 2 de Anestesia e Reanimación; 4 de Pediatría; 2 de Radiodiagnóstico; 2 de Medicina interna; 2 de Obstetricia e Xinecoloxía; 2 de Anatomía Patolóxica; 2 de Oftalmoloxía; 2 de Cardioloxía; 2 de Traumatoloxía; e 1 de cada unha das especialidades restantes. Ademais, contratáronse 5 residentes de Enfermería Familiar e Comunitaria, 4 Enfermería Pediátrica; 2 de Saúde Mental e 4 matronas.

A prestación é voluntaria e require informe favorable provisional da comisión de docencia.

O persoal percibirá as retribucións das categorías de médico/a e enfermeira correspondentes, incluído produtividade e gardas, e tamén lle serán computados os servizos prestados para futuras OPE e demais procesos de provisión.

Esta iniciativa, que supón un importante incremento do cadro de persoal da Área Sanitaria de Vigo, adóptase co fin de contribuír á correcta prestación asistencial, especialmente para a asistencia de pacientes COVID 19, e durará en función das necesidades asistenciais.

Anuncios