
O Grupo de Apoio Val Miñor entregou a diferentes colectivos da comarca a cantidade de 1.470 máscaras e mañá ascenderán a 130 máis.
Estas máscaras son confeccionadas grazas a voluntarios e voluntarias de devandito grupo (colaboradores e colaboradoras que cosen dos tres municipios de xeito totalmente desinteresado e gratuíto), doazóns dunha empresa privada (Horeca Mundus) e as achegas económicas dalgúns integrantes do grupo, xa que non contan con ningún tipo de axuda das institucións.
Os colectivos aos que se lle fixo entrega foron: Centro de Saúde Val Miñor, Policía Nacional de Vigo, Policía Local de Gondomar e Nigrán, Residencia Asistida (Meixoeiro), Residencia A Madorra, Celadores Meixoeiro, Froiz (Gondomar, Nigrán e Baiona), Gadis, Eroski Baiona, Bombeiros de Vigo, Protección Civil Nigrán, Concello de Nigrán e a particulares.
Seguen traballando sen descanso en diversos pedidos que se lles solicita, polo que agradecen calquera tipo de achega, dende fío ata tea ou mesmo a súa colaboración para coser. Todo aquel que desexe colaborar pode contactar no seguinte grupo de WhatsApp: https://chat.whatsapp.com/JpacKfzUSxMJJR8zMAeXe4