A Garda Civil recomenda manter contacto telefónico frecuente cos maiores

A Garda Civil de Pontevedra auxiliou na tarde do día de onte, na localidade de Silleda, a un home de 82 anos que se caeu polas escaleiras de acceso á súa vivenda.

O feito sucedeu sobre as 17:10 horas. Unha patrulla da Agrupación de Tráfico da Garda Civil do Destacamento de Lalín, Pontevedra, foi abordada á altura do Km 306,400 da N-525, por unha muller de avanzada idade, que reclamaba auxilio desde a propia estrada. A señora explicou aos Gardas Civís, que o seu marido caeuse e estaba tendido no chan, semiinconsciente sobre un gran charco de sangue.

Os axentes prestaron inmediato auxilio ao home, que presentaba un forte golpe na cabeza, cunha ferida aberta pola que sangraba abundantemente. A continuación pasaron aviso aos servizos sanitarios mediante chamada ao teléfono de emerxencias 112 e practicaron primeiros auxilios mentres non chegou a ambulancia, que o trasladou ao Hospital Clínico de Santiago consciente.

A Garda Civil destaca que debido ao confinamento ditado como consecuencia do estado de alarma, moitos maiores atópanse sós no seu domicilio e pódense producir feitos como o apuntado, polo que recomendan aos seus familiares que manteñan contacto telefónico frecuente con estes.

Ademais, o instituto armado trata de velar pola súa seguridade nestas circunstancias coa intensificación dos servizos do “Plan Maior Seguridade” co que se pretende prestar un servizo máis directo e próximo ás persoas de maior idade.

Anuncios