Nigrán emprende a desinfección integral de todos os contedores de lixo do municipio

O Concello de Nigrán, a través da concesionaria de limpeza Cespa, incrementou esta semana a desinfección dos contedores para que esta non se limite só ao exterior e inclúa o interior. Así, nestes días, os operarios empregarán un vehículo especial lavacontedores para desinfectar profundamente todos (os de formato pequeno non se adaptan ao vehículo e se limpan con outra maquinaria especial) e realizarán esta labor periodicamente.

O Concello deu ordes a inicios da crise do Covid-19 de aumentar a desinfección de todo o mobiliario urbano do municipio, incluído contedores e con especial atención ás marquesiñas e bancos onde as persoas agardan ao autobús. Desde a semana pasada, tamén a requirimento do Concello, estes traballos se complementan coa desinfección de accesos a supermercados, froitarías, panaderías, farmacias e centros de saúde.

“Todas as zonas consideradas sensibles, que son aquelas nas que se concentra xente, recibirán unha desinfección periódica co fin de evitar calquera posible propagación do virus. Nunha situación como a que estamos a vivir todas estas medidas son especialmente importantes”, sinala Juan González, alcalde de Nigrán.

Anuncios