Gondomar restrinxe o horario para depositar o lixo nos contedores

O Concello de Gondomar informa a través dun bando do cambio de horarios en materia de recollida de lixo no municipio, como consecuencia da evolución da pandemia do coronavirus. Conforme ás medidas preventivas adoptadas polo Goberno do Estado e pola Xunta de Galicia, reunido o Comité de Seguimento do Covid-19, o goberno local restrinxe con carácter urxente o horario para depositar o lixo ata nova orde. Así, poderanse depositar os desperdicios de 8:00 a 10:00 da mañá e de 20:00 a 23:00 horas pola tarde. Queda totalmente prohibido deixar as bolsas de lixo fóra dos contedores. As persoas ao depositar o lixo deberán adoptar as medidas preventivas oportunas para non propagar e protexerse da transmisión do virus.

Anuncios