Rexistrado en Baiona o primeiro varamento do ano en Galicia

FOTO: CEMMA // A femia de golfiño varada na Ladeira.

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños rexistrou o 1 de xaneiro o primeiro varamento do ano 2019 en Galicia. Trátase dunha femia de golfiño común de 200 centímetros de lonxitude que apareceu morta na praia da Ladeira, en Baiona, por un traumatismo de orixe descoñecido. Un día antes, o 31 de decembro, o Cemma rexistrou o último varamento do 2018, asignándolle o número de rexistro 342, pechando o ano cunha cifra récord. Desde a Coordinadora con sede en Nigrán esperan que este ano sexan menos que os do ano anterior, “esperamos non repetir esta vez”, apuntaron.

Anuncios