A Área Sanitaria de Vigo pon en marcha un proxecto de voluntariado

A Área Sanitaria de Vigo ven de por en marcha un proxecto de voluntariado que, nunha primeira fase, arranca con persoal sanitario xubilado, que colaborará na atención telefónica á cidadanía.

Así, un equipo de 6 profesionais – médicos e enfermeiras- ofrecerán apoio e asesoramento telefónico aos cidadáns que o soliciten a través do teléfono 900 400 116. Os operadores desas liñas serán os que redirixan determinadas chamadas a estes profesionais, aos que se lles facilitaron uns teléfonos específicos para realizar esta labor. A previsión é que nos próximos días este equipo de voluntarios xubilados vaia crecendo ata contar con 20 profesionais dedicados á atención telefónica.

Con esta iniciativa trátase de reforzar a atención ofertada nese teléfono, co persoal sanitario propio da Área de Vigo, que teñen acceso á organización, aos seus profesionais e aos circuítos establecidos para a atención ao COVID-19,

Trátase do primeiro proxecto de voluntariado posto en marcha nesta Área Sanitaria. No momento actual estase recrutando persoal que, de xeito desinteresado, queira colaborar en diversos ámbitos na atención a este pandemia.

Neste senso, tense habilitado unha dirección de correo electrónico voluntariado.asvigo@sergas.es onde poden dirixirse todos aqueles cidadáns que consideren poden aportar algunha labor de voluntariado.

Anuncios