A televisión é gratuíta en todas as habitacións do hospital Álvaro Cunqueiro

A Xerencia da Área Sanitaria de Vigo informa de que a televisión é gratuíta en todos os hospitais do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI). A Xerencia sae así ao paso de informacións difundidas a través de distintas redes sociais nos últimos días e horas. Non é certo que os pacientes ingresados teñan que pagar por ver a televisión nas habitacións no Álvaro Cunqueiro.

A comezos da semana pasada a Consellería de Sanidade cursou instrucións para que a medida aplicásese en todos os hospitais do Servizo Galego de Saúde. En concreto, no Álvaro Cunqueiro, comezouse a aplicar esta medida de forma paulatina. Inicialmente para as habitacións nas que estaban ingresados pacientes afectados polo Coronavirus e, desde o día 20, venres, aplícase en todas as habitacións, independente da patoloxía pola que estean ingresados os doentes no hospital.

A Xerencia da Área Sanitaria de Vigo lamenta que se expandan determinadas afirmacións en redes sociais que non se axustan á realidade e que soamente pretenden conseguir, nestes delicados momentos, alterar a percepción da cidadanía.