Sin categoría

Nigrán instala parqué flotante no pavillón do CEIP Carlos Casares aproveitando o parón escolar

O Concello de Nigrán, tendo en conta a inactividade educativa ante a crise sanitaria do Covid-19, emprendeu esta semana a instalación de parqué flotante en madeira de freixo natural no pavillón do CEIP Carlos Casares. O investimento municipal, de 6.000 €, permitirá cubrir a totalidade de superficie (146 metros cadrados de formigón pulido) sobre a que previamente se poñerá unha manta de polietileno.

O Concello de Nigrán cumpre así cunha demanda da comunidade educativa, uns traballos que xeralmente se pospoñen ao verán para non interferir coa actividade lectiva do alumnado. A obra a emprende o responsable dunha carpintería de Nigrán que traballa individualmente e sen interferencias con outras persoas e estará lista nesta mesma semana.

“Estas dúas semanas sen actividade lectiva son o mellor momento para emprender este tipo de accións que usualmente se limitan ao verán ou Nadal aproveitando que están os centros baleiros, ademais, son traballos que realizan persoas individualmente e que, polo tanto, non comprometen a súa saúde nin a dos demais”, indica Juan González, alcalde de Nigrán.