Sin categoría

Concentración na Ramallosa polo aborto libre e gratuíto

Este venres, 28 de setembro, as asociacións feministas do Val Miñor, Co-mando Ghichas e Area Loura, co apoio da Marcha Mundial das Mulleres, convocan unha concentración na Ramallosa ás 20:00 horas para reclamar o aborto libre e gratuíto. Enmárcase nunha campaña nacional pola abolición da modificación lexislativa feita polo PP no ano 2015 que obriga ás mulleres de 16 e 17 anos ao consentimento paterno/materno para abortar. Ademais, reivindican que a Xunta de Galicia asuma as súas competencias e garanta a educación afectivo sexual obrigatoria no currículo escolar, programas de divulgación e información sobre dereitos sexuais e reprodutivos a través dos CIMM e acceso a anticonceptivos de balde nos Centros Quérote.