Os autónomos obrigados a pechar polo estado de alarma teñen xa dereito á prestación

Ante as informacións e declaracións dalgunhas persoas aparecidas en medios de comunicación e redes sociais sobre a prestación extraordinaria para autónomos afectados polo COVID-19, o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións quere indicar:

1. Todos os autónomos obrigados a pechar polo estado de alarma ou cunha caída de ingresos do 75% teñen xa dereito á prestación aprobada no último Consello de Ministros, independentemente da súa condición. Por tanto, o Ministerio desmente que o Goberno prepare ningunha modificación.

2. Os autónomos nesta situación estarán exentos de pagar cotizacións á Seguridade Social e, ademais, recibirán unha prestación equivalente ao 70% da base reguladora, o que supón un mínimo de 661euros para quen tivese que pechar o seu negocio ou perdesen o 75% da súa facturación.

3. As “fake news” e moitos bulos pretenden xerar incerteza entre os autónomos. Calquera dúbida pode ser consultada nas web oficiais do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

4. O Goberno segue traballando en medidas de calado, como esta prestación extraordinaria, para axudar a quen está pasando dificultades.