Chandebrito 1807 denuncia unha vertedura de residuos de automóbiles na Lapela

Membros da Asociación Veciñal Chandebrito 1807 deron conta á Policía Local de Nigrán na tardiña de onte venres dunha vertedura de residuos de automóbiles localizada no monte da Lapela desta parroquia, á beira da pista que conduce ao Monte Alba. Os axentes acudiron ao lugar pouco despois para realizar o informe correspondente.

Segundo sinalan desde o colectivo, este depósito de lixo produciuse moi probablemente poucas horas antes, e afecta a un regato. Desde a Asociación lamentan que se sigan realizando este tipo de actos que provocan un serio impacto visual e medio ambiental, e fan un chamamento ao uso dos puntos limpos habilitados para elo, como o existente en Porto Molle, en Nigrán.

Anuncios