Deteñen a unha veciña de Nigrán e a súa parella por un delito de roubo con violencia

A Policía Nacional detivo a un home de 41 anos de idade e a unha muller de 39, ambos de nacionalidade española, e con domicilio, en Vigo o primeiro e en Nigrán a muller, por un delito de Roubo con Violencia.

Martelo e tesoiras de grandes dimensións

A investigación iniciouse tras ter coñecemento que o pasado día 2 de marzo, un home e unha muller coa cara tapada, e armados cun martelo e unhas tesoiras, ameazaron aos empregados dunha pizzería da rúa Zamora de Vigo para facerse co caixón da máquina rexistradora. Unha vez obtiveron o botín saíron do local e emprenderon a fuxida en dirección ao Centro Comercial Gran Vía, onde se lles perdeu a pista.

Avanzada a investigación os axentes encargados do caso revisaron as probas que tiñan e estas conducíronlles cara a unha parella á que xa coñecían de intervencións anteriores. Por todo iso elaborouse un dispositivo de procura que finalizou coa detención de ambos os dous cando accedían ao interior dunha tenda da avenida da Florida.

4 antecedentes policiais anteriores

Xa en dependencias policiais, tomóuselle declaración e realizouse unha consulta das bases de datos, na cal se comprobou que ao home xa lle constaban 4 antecedentes policiais anteriores.

A intervención foi levada a cabo por axentes do Grupo de Atención ao Cidadán, da Brigada de Seguridade Cidadá, pertencente á Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela, pasando os detidos e todo o actuado ao dispor do Xulgado de Instrución de Vigo en funcións de garda.

Anuncios