Empregados de BorgWarner Vigo limpan dúas praias de Nigrán

Un grupo de traballadores de BorgWarner Vigo limparon o sábado dúas praias de Nigrán (Adra e Madorra). Contaron coa colaboración da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), quen realizou tamén un simulacro de rescate de golfiño e tartaruga.

A recollida e posterior clasificación dos residuos realizarase dentro do marco do Proxecto Libera, polo que os datos recollidos servirán para realizar un informe do grao de contaminación das praias españolas.

Actividades ambientais e de concienciación como estas, xunto con outras de colaboración social ou de promoción da saúde, inclúense dentro das accións de Responsabilidade Social que, ao longo do ano desenvolve a empresa de automoción BorgWarner, a través das propostas dos seus empregados e que reflicten os valores da compañía.