Baiona abre as inscricións para participar no programa “Emprégate desde a Igualdade”

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona e o Instituto da Muller (Ministerio de Igualdade) organizan o programa “Emprégate desde a Igualdade”, cofinanciado polo Fondo Social Europeo. Ten como obxectivos incrementar a empregabilidade das mulleres, mellorar as súas expectativas e a súa calidade de vida, a través do seu desenvolvemento persoal e dunha mellor cualificación para o emprego. Todo iso co fin de contribuír a que logren unha maior autonomía e participación social e económica.

Diríxese a mulleres con especiais dificultades para a súa inserción laboral e desenvólvese a través dun itinerario con varias fases na súa execución adaptadas ás necesidades das mulleres participantes. O Programa “Emprégate desde a Igualdade” realízase a través dun itinerario integrado e personalizado no que se traballan aspectos persoais e profesionais, co obxectivo de facilitar ás mulleres maiores posibilidades para a súa inserción laboral e unha mellor calidade de vida.

Fomentando a autoestima e a confianza necesaria para que se convertan en protagonistas activas do seu propio proceso de integración social e laboral; facilitando a información e asesoramento para a definición dun perfil profesional que teña en conta as expectativas de cada muller e as oportunidades de inserción laboral; proporcionando Formación Ocupacional a través de cursos específicos vinculados aos nichos de mercado da zona; asesorando, formando e acompañando a iniciativa empresarial; fomentando a creación e consolidación de redes de autoaxuda e colaboración entre o grupo e con diferentes asociacións de mulleres; e informando e facilitando o acceso a recursos especializados.

Máis información e inscricións no Centro Municipal de Información á Muller. Rúa Dolores Agrelo, 16. Teléfono 986 357 554.