Manifestación na Ramallosa polo 8M

O Val Miñor súmase este domingo 8 de marzo á celebración do Día Internacional da Muller. Haberá diferentes puntos de quedada ás 11:20 horas para saír en marcha cara Ramallosa. En Baiona, desde o porto pesqueiro, en Nigrán desde a Praza do Concello e en Gondomar desde a Praza de Abastos. Ás 12:30 horas, todas xuntaranse na Ramallosa.

O Día Internacional da Muller (8 de marzo) conmemórase dende fai máis de cen anos, a raíz dun incendio nunha fábrica téxtil en Nova York no que morreron 149 traballadoras que loitaban pola mellora das súas precarias condicións laborais. Dende entón, neste día, reivindícase a igualdade de dereitos da muller con respecto ao home, e lémbrase que aínda non se teñen acadado.